Eu tamén estou probando este novo invento e para eso quero falar dun libriño que me deixou Amalia "Contos para nenos que dormen deseguida" de Pinto e Chinto.
Xa sei que xa non sodes nenos, pero se aínda podedes disfrutar con estos contos nada tradicionais é que estades a medrar, creo eu, con inxenio e chispa. Se non lle vedes a gracia ou non os entendedes... benvidos ao mundo adulto, que pena!!!!!!



OUTRO QUE ME FAI MOITA GRACIA:

"O príncipe de cabelos dourados e a princesa de cabelos dourados vivían na torre máis alta do castelo.Cando o príncipe de cabelos dourados e a princesa de cabelos dourados se deron un bico, oíuse un "pop!", e o príncipe e a princesa transformáronse en ras. Entón deixaron a torre e foron vivir á auga do foso do castelo. E foron felices e comeron perdices, digo moscas"