A información sobre o libro que queres comentar pode enriquecerse moito se inclúes enlaces a outras páxinas que a amplíen.
Eses enlaces poden ser básicamente de dous tipos:
- ENLACES EXTERNOS: envían a outras páxinas de Internet. Pode resultar interesante enlazar coa páxina oficial do autor, ou con foros e blog que comenten o mesmo libro.
- ENLACES A OUTRAS PÁXINAS DA WIKI: se xa existe na wiki unha páxina sobre un libro do mesmo autor, ou no teu comentario inclúes mencións a outros libros que tamén estean, é recomendable que crees enlaces que permitan aos lectores acceder a elas directamente.

O proceso para crear un ENLACE EXTERNO é o seguinte:
seleccionar_palabras.jpg



1. Selecciona co rato (ou coas teclas may+frechas) as palabras que van reenviar a páxina que queres enlazar:

2. Clica sobre o icono "Link", no menú superior.






enlace_externo.jpg
3. Abriráse unha ventá con tres pestañas. Selecciona "Enlace externo".

Debaixo, o cadro "Texto del enlace" contén xa as palabras da túa páxina que conterán o enlace. Ten coidado de non modificar nada ahí.


4. Agora tes que escribir a dirección no recadro correspondente. Como é probable que non o saibas de memoria, terás que abrir outra pestaña e buscalo. OLLO: coida de deixar aberta tamén a pestaña desta wiki, ou perderás o traballo.


5. Sitúate na pestaña da páxina que queiras enlazar: selecciona a dirección e cópiaa co botón dereito do rato:

copiar_dirección.jpg



6. Agora volve á pestaña onde está a wiki e, novamente co botón dereito, pega a dirección no recadro correspondente.crear_vínculo.jpg

7. Finalmente, clica sobre "Add link", e o enlace quedará creado: as palabras que seleccionaches aparecerán noutra cor, suliñadas, e o pasar o cursor sobre elas converteráse nunha man, indicando que esas palabras dan acceso a unha nova páxina.

NOTA: se marcas a casiña "Nueva ventana", cando os lectores utilicen o enlace, a páxina enlazada abriráse nunha ventá ou pestaña diferente, deixando tamén aberta a wiki. Se non o fas, terán que clicar sobre a tecla de páxina anterior para volver.


Crear un enlace A OUTRA PÁXINA DA WIKI é aínda máis doado:
enlace_del_wiki1.jpg



1. Os pasos 1 e 2 son exactamente iguais que para os enlaces externos.








2. Esta vez, cando se abra a ventá para crear o enlace, deberás seleccionar a pestaña "Enlace del wiki" (que é a que ven seleccionada por defecto).
enlace_del_wiki2.jpg
De novo, as palabras que seleccionaches aparecen por si mesmas, e tamén a nosa wiki, que é na que estás a traballar. Ten coidado de non borralas nin modificalas.

Na casiña "Nombre de Página", na que aparecen unhas letras en vermello (provisionais), é onde terá que aparecer o nome da páxina. Se o "texto do enlace" coincide exactamente co título dunha páxina (o cal será moi habitual se estás a enlazar o título dun libro), na casiña "Nombre de Página" aparecerá xa a páxina correspondente e non terás que buscar máis.

Se non é así (como ocorre no texto da imaxen), terás que localizala. Para elo, clica sobre ... en fin, non vou copiar esa faltona de ortografía! Xa o vedes na imaxe, non?





3. Se tes que buscar, na casiña "Nombre de Página" aparecerá unha frecha que indica que se pode desplegar. Ao desplegala aparecerán todas as páxinas da wiki.

De momento non che será difícil dar coa páxina que queres, pero como aspiramos a que co tempo haxa moitas, aí vai un truquiño para non perderse: se clicas na casiña e a continuación tecleas unha letra, aparecerán no primeiro lugar as páxinas que comezan por esa letra. De tódolos xeitos, como este tipo de enlaces se utilizarán sobre todo para títulos de libros xa comentados na wiki, se seleccionas no teu texto o título e a entrada ten ese mesmo nome, é fácil que o programa xa o teña recoñecido cando chegues aquí.



4. Unha vez seleccionada a páxina que vas enlazar, clica en "Add link" e automáticamente quedará enlazada.
enlace_del_wiki_4.jpg


Para ver o resultado dos exemplos que se dan nas imaxes, vai á páxina Los diarios rojos.