0_nueva_página.jpg


Para crear ou modificar páxinas nesta wiki, deberás:
1. Estar rexistrado en wikispaces
2. Ter sido admitido coma membro pola administradora.




Unha vez que sexas membro do equipo, para CREAR PÁXINAS deberás seguir os seguintes pasos:

1. Na marxe esquerda, clica sobre o símbolo + que aparece xunto a "Pages and Files"





1_Nombre_de_página_y_etiquetas.jpg2. Na pestaña que se abra, escribe:.- No cadro "Nombre de página" escribe o título do libro do que vas falar..
- En "Agregar etiquetas" asígnalle ao libro os termos que consideres oportunos para clasificalo,separados por comas.
Por exemplo: novela xuvenil, misterio, amor, fantasía, aventuras, humor ... (utiliza preferentemente as etiquetas que xa están creadas, e que podes ver na marxe esquerda, para non saturar aos navegantes con etiquetas de máis)

Ao rematares, clica no cadro CREAR.



3. A pantalla adoptará entón unha apariencia como a que segue, na que poderás escribir o teu resumo e comentario do libro:
3_escribir_entrada.jpg

Como podes ver no menú, se che apetece podes engadir vídeos, imaxes, enlaces, taboas, etc. Se non che apetece "fuchicar" ou che resulta moi complicado, non tes por que facelo. Xa irás aprendendo máis cousas co tempo! Ademáis, outros membros poden facelo por ti, se consideran que á páxina lle falta algo.








4. Iso sí, se xa tes algunha práctica noutro tipo de ferramentas informáticas, non terás problema en facer modificacións as túas páxinas:
3.1_funciones_básicas.jpg

5. Cando a túa entrada estea lista, clica sobre "Save", no menú principal, e a páxina quedará creada!

4_save.jpg

Podes consultar outras páxinas desta wiki para aprender a engadir imaxes, vídeos ou enlaces.