É bastante probable que queiras facer máis atractiva a túa páxina insertando unha ou varias imaxes. Falando de libros, o máis habitual é insertar, cando menos,a portada dalgunha edición.

Recorda que tamén podes modificar as páxinas xa existentes. Por exemplo, se ves que algún compañeiro fixo a reseña dun libro sen imaxes, podes engadirlle ti a portada. Seguro que tanto os lectores coma o creador vancho agradecer.

Para facelo, primeiro deberás descargar a imaxe no teu ordenador:
1. Busca o título do libro co Google e selecciona "Imaxes".
2. Clica sobre a imaxe que decidas gardar e abre a páxina que a contén (non é nada recomendable descargala dende o propio buscador, inda que tamén se pode)
3. Sitúa o cursor sobre a imaxe e, co botón dereito, selecciona "Gardar imaxe"
4. Gárdaa nunha carpeta na que sexa facilmente localizable.

Agora xa poderás engadila á túa páxina:


1. Sitúa o cursor no lugar onde queiras que vaia a imaxe (mellor ao principio ou ao final dun parágrafo).

2. No menú superior, selecciona a opción "File"
imagen0.jpg


3. Na páxina que se abre, mantente en "Insertar archivos" e clica sobre "upload files".
imagen2.jpg



4. Abrirase unha nova ventana que che permitirá seleccionar a imaxe que queres insertar:

imagen3.jpg
.
5. Agarda a que se cargue a túa imaxe e clica sobre ela
.
imagen4.jpg

6. Na pantalla aparecerá de novo a páxina que estás a editar. Xunto a imaxe (ben abaixo, ben no medio) aparecerá un menú coma o que segue, que che permitirá decidir o tamaño e a posición que adoptará a imaxe. Non te preocupes se non queda como queres á primeira, cada vez que cliques sobre a imaxe volverá a aparecer o menú para que fagas tantas probas coma queiras:

imagen4.1.jpg


E agora... a probar !!