Moitos dos libros que máis nos gustan acaban adaptándose ao cine. Ademáis, últimamente empezan a verse moito por Internet o que se está a chamar "Librotrailer". Estes recursos son moi útiles para transmitir non só o contido do libro senón tamén o ambiente no que se desenvolve, o seu tono, ou a emoción que intenta transmitir. Así que é bastante probable que queiras ilustrar cun vídeo a túa reseña.

Inscrustar un vídeo doutra plataforma de Internet para que poida verse na propia páxina é aínda máis fácil que na maioría dos blogs ou plataformas dixitais (coa excepción das redes sociais, claro)

1_video.jpg

1. Primeiro é recomendable abrir as dúas pestañas para poder alternar entre elas en caso de necesidade:
- a páxina da wiki na que queiras insertar o vídeo, en modo EDITAR.
- a páxina na que estea o vídeo (por exemplo, Youtube, Vimeo ou Dailymotion, que son as máis habituais. As páxinas das televisións, por exemplo, non admiten esta función)







2. A continuación, sitúate na páxina do vídeo e busca un botón que indique COMPARTIR (no caso de Youtube), INSERTAR ou directamente EMBED (depende da plataforma). Clica sobre el.
No caso de Youtube, nun primeiro momento aparece só o botón COMPARTIR. Ao clicar sobre el,
apareceran xusto debaixo do botón diferentes opcións para compartir o vídeo. Debes escoller INSERTAR e volver clicar.



insertar.jpg


Dailymotion funciona de xeito similar a Youtube, só que ao clicar sobre "compartir" chámalle "incrustar" ao que youtube denomina "insertar"

En Vímeo, ao pasar o cursor sobre o vídeo aparece directamente un botón EMBED.

En Google vídeos, hay un botón INCRUSTAR debaixo do vídeo.








3_video_codigo.jpg3. Ao clicar sobre ese botón INSERTAR, INCRUSTAR ou EMBED (segundo a plataforma), abriráse un cadro con un código que ás veces xa ven seleccionado. Se é así, ten coidado de non eliminar a selección. Se o fas, ou non ven seleccionado por defecto, deberás seleccionalo.

4. Co código seleccionado, clica no botón dereito do rato e selecciona COPIAR.














5. Volve a pestaña da wiki e sitúa o cursor no espazo no que queiras insertar o vídeo. A continuación, no menú de edición, selecciona WIDGET.

4.jpg


6_video_youtube.jpg



6. Abriráse un cadro cunha serie de opcións entre as que, naturalmente, debes escoller VÍDEO. Entón aparecen no mesmo cadro as plataformas de vídeo máis habituais. Naturalmente, deberás buscar aquela da que provén o vídeo que queres incrustar e seleccionala clicando sobre o seu nome.














7. O cadro volverá a cambiar de aspecto. Esta vez aparecerá un cadro en blanco no que deberás situar o cursor e PEGAR, utilizando o botón dereito, o código que copiaches en Youtube. Unha vez pegado o código, clica sobre o botón GUARDAR.

8_guardar.jpg
.6_embed.jpg

8. Volverás entón á páxina que estar a editar. Como coas imaxes, xunto ao vídeo aparecerá un menú con algunha opción de edición (tamaño, aliñamento)

8_modificar.jpg


Por exemplo, no vídeo que aparece nestes exemplos, seleccionamos o aliñamento á esquerda. Logo insertamos outro ao lado para o que seleccionamos o aliñamento á dereita, de xeito que os dous vídeos aparecen un ao lado do outro. Podes ver o resultado na entrada Los juegos del hambre.