febre.jpgA mediados do século vinte, moitos nenos e adolescentes lían novelas do oeste, ou agardaban impacientes a chegada do western de moda ao cine do seu pobo, ou xogaban a indios e vaqueiros, aventuras situadas todas elas na época da chamada “febre do ouro” nos Estados Unidos. Mentres eles se mergullaban nese mundo imaxinario, os seus maiores estaban a vivir, aquí en Galicia, un escenario moi similar, en torno a un material moi cobizado para a industria armamentística: o volframio.

Ese é o momento que Héctor Carré, escritor e director de cine coruñés, escolle para situar a historia de Carmucha, unha rapaza decidida e loitadora que non se resigna a aceptar os prexuizos impostos polo réxime franquista, recén instaurado, e en particular o papel que a nova ideoloxía reservaba para as mulleres da época. Decidida a crear unha escola para prostitutas, intentará conseguir diñeiro participando no contrabando de volframio, enfrentándose a oficiais extranxeiros, á garda civil e ao seu propio pai.

Antes ou despois de ler:


Despois de ler: Revolta da freixa; test de lectura.
Test de Educaplay: