corro_y_libros.jpg

Benvidos a este novo "experimento" do noso club de lectura, As catro esquinas do quinto.Neste espazo non temos máis obxectivo, novamente, que compartir as lecturas que vaiamos facendo, organizando a información e, sobre todo, a DISCUSIÓN sobre os libros que lemos.Para poder participar nas discusións, deberás rexistrarte en wikispaces. Unha vez creada a conta, busca na marxe esquerda o libro que queiras comentar e clica sobre el. Unha vez alí, entra na pestaña "discusión" e poderás responder ás mensaxes que xa haxa ou ben abrir un novo tema ("+ Nueva Entrada").
Ao rexistrarvos en Wikispaces, poderedes participar nas discusións, pero non crear nin modificar páxinas. Para iso a administradora debe darvos de alta coma MEMBROS (podedes facer unha solicitude aquí, cubrindo os datos cos da tua conta de wikispaces), e entón tamén poderedes editar as vosas propias páxinas sobre os libros que queirades. Deste xeito iremos creando unha especie de base de datos sobre os libros que nos interesan, con aportacións de todos os membros do club e aberta á participación doutras persoas.


Coma sempre, agardamos con impaciencia as vosas observacións.

Se xa eres membro, anímate a participar: pensa o que che gustaría dicir sobre un libro e... empeza a crear páxinas!